Formación en liña

Ofrecemos unha formación en liña pensada para as persoas usuarias a través de plataformas intuitivas e fáciles de usar, con especial atención ao atractivo visual e ao aproveitamento didáctico.
Queremos incentivar a motivación do alumnado e dar resposta ás necesidades da nosa clientela. Promovemos a difusión do coñecemento a través do software libre e das licenzas creative commons.
Cursos no Concello de Vigo, na Cámara de Comercio de Ferrol, no Concello de Pontevedra, en IGAXES3, no Concello de Ferrol, en GSS, en forGA / CIG...
Formación presencial
Contamos cunha ampla experiencia en formación presencial. Tagen Ata traballa desde o ano 2003 impartindo formación en diferentes entidades e organizacións.
As nosa actividade formativa conta cun amplo abano de experiencias e disciplinas: linguas, novas tecnoloxías, alfabetización tecnolóxica, economía, empresa, coeducación, igualdade etc.
Contidos dixitais
Elaboramos, creamos e difundimos contidos para a web relacionados coas diferentes áreas de coñecemento en que traballamos, áreas consolidadas a partir dunha sólida experiencia previa.
Creamos espazos de comunicación para facer visible o traballo e o coñecemento das entidades para as que traballamos. Xeramos contidos expertos nas áreas de educación, linguas, economía social ou igualdade. Apostamos pola creación de espazos dixitais en continuo proceso de reciclaxe informativa, formativa e comunicativa.
A Galaxia Imaxinaria, Camerlingua, Recursos para o galego, Doculingua, Ferrol con lingua, Manual de Estilo, Exeria...
Consultoría e Comunicación
Temos un xeito especial e único de facer consultoría e comunicación, ou mesmo de facer as dúas cousas a un tempo. Escoitamos as necesidades das persoas e das entidades para ofrecerlles respostas de planificación e comunicación únicas, creativas e conectadas de xeito permanente co mundo de hoxe en constante evolución.
Desenvolvemos campañas de sensibilización, proxectos de asesoramento especializado, planificación, intervencións, avaliacións, estudos e diagnoses. Todos estes traballo están encamiñados a cubrir necesidades tanto no ámbito público e social como no privado.
Guía para a Conciliación, Plan de igualde do Concello de Fene, Factor Libro, Fala por ti, Sabor a Galego, Namórate da lingua I e II, A lingua latexa, O galego, parte de ti...
Servizos lingüísticos
Facemos tradución e corrección para un amplo número de linguas a través da colaboración con diferentes empresas e profesionais do sector: inglés, francés, alemán, portugués, catalán, éuscaro, galego etc.
Desenvolvemos proxectos de localización de software, enxeñaría lingüística, desenvolvemento de produtos de lingua.
Exeria, aplicación para unha linguaxe non-sexista, Elaboración de regras para unha aplicación informática en lingua galega para o editor OpenOffice.org, Localización do contorno de escritorio Gnome (ver. 2.16, 2.18, 2.22 e 2.26), Localización do CRM SugarCRM e do ERP OpenBravo, Localización de eFront. Sistema de e-learning,